mércores, 11 de maio de 2022

Xogos populares

 A práctica dos xogos populares é importante para coñecer mellor a nosa cultura e axudar a que se sigan a transmitir de xeración en xeración.

Hoxe traballamos entre outros xogos, as chapas.






xoves, 5 de maio de 2022

Elefantes e Caracois 🐘 🐌

Os elefantes e mailos caracois estan a traballar as habilidades motrices e fano moi moi ben!







Expresión corporal

 Arrancamos o novo trimestre con traballo de expresión corporal. Para iso levamos unhas semanas empregando o noso corpo como medio de expresión e comunicación. Saber utilizar o noso corpo para transmitir sentimentos e emocións é fundamental tanto na nosa vida cotiá como en actividades artíticas de danza, ballet, baile, ximnasia rítmica, natación sincronizada, etc.

Nós polo momento estamos dando os nosos primeiros pasos neste campo, aquí unha pequena mostra do traballo da clase de 2° Ed. Primaria.




xoves, 25 de marzo de 2021

Alimentación saudable

 O noso alumnado de 3º Ed. Primaria trouxo a clase unhas receitas ben ricas 😋 e moi saudables!! Xa que comer ben e rico non son incompatibles.

Aquí vos deixamos a mostra por que se alguén quere animarse a facela na súa casa.












venres, 5 de marzo de 2021

Hábitos saudables

O noso alumnado de 2° estivo a traballar os HÁBITOS SAUDABLES, xa que tal e como establece o Currículo de Primaria é parte importante da materia. Con isto trátase de obter hábitos de vida saudable e coidado do noso corpo xa dende as idades máis temperás.