xoves, 5 de maio de 2022

Expresión corporal

 Arrancamos o novo trimestre con traballo de expresión corporal. Para iso levamos unhas semanas empregando o noso corpo como medio de expresión e comunicación. Saber utilizar o noso corpo para transmitir sentimentos e emocións é fundamental tanto na nosa vida cotiá como en actividades artíticas de danza, ballet, baile, ximnasia rítmica, natación sincronizada, etc.

Nós polo momento estamos dando os nosos primeiros pasos neste campo, aquí unha pequena mostra do traballo da clase de 2° Ed. Primaria.




Ningún comentario:

Publicar un comentario