luns, 23 de maio de 2022

Campionato de chapas 4°

 Días de hoxe con choiva son ideais para xogar ás chapas e poñer en práctica o que estamos a aprender sobre os xogos populares.





mércores, 11 de maio de 2022

Xogos populares

 A práctica dos xogos populares é importante para coñecer mellor a nosa cultura e axudar a que se sigan a transmitir de xeración en xeración.

Hoxe traballamos entre outros xogos, as chapas.






xoves, 5 de maio de 2022

Elefantes e Caracois 🐘 🐌

Os elefantes e mailos caracois estan a traballar as habilidades motrices e fano moi moi ben!







Expresión corporal

 Arrancamos o novo trimestre con traballo de expresión corporal. Para iso levamos unhas semanas empregando o noso corpo como medio de expresión e comunicación. Saber utilizar o noso corpo para transmitir sentimentos e emocións é fundamental tanto na nosa vida cotiá como en actividades artíticas de danza, ballet, baile, ximnasia rítmica, natación sincronizada, etc.

Nós polo momento estamos dando os nosos primeiros pasos neste campo, aquí unha pequena mostra do traballo da clase de 2° Ed. Primaria.