venres, 29 de xaneiro de 2016

Que é o floorball?

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo unha pequeña reportaxe de catro minutos que saíu en TeleMadrid, no que explica un pouquiño que é o floorball e como se xoga.

Así que os máis curiosos podedes botarlle un ollo!




E por si algún lle colle gusto a isto do stick e se anima a empezar a practicalo fóra do cole, aquí vos deixo o enlace dun clube de hockey sobre patíns de Vigo.

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Floorball

Esta semana os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria están a coñecer un pouquiño máis o floorball. Aínda levan poucas clases pero xa se lles empeza a notar soltura co stick.

Para aqueles que queirades saber máis sobre o floorball pronto subiremos unha nova publicación onde poderedes coñecer todo aquello que queirades.













mércores, 27 de xaneiro de 2016

Acrosport 6º Ed. Primaria

 
Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria estiveron a traballar no deseño dun baile de Acrosport. Tras varios días de moito traballo estes foron os resultados.

venres, 22 de xaneiro de 2016

Sombras chinescas

 
Estas semanas os alumnos/as de 3º e de 4º estiveron a traballar a Expresión Corporal. O último día fixemos unha clase de Sombras Chinescas.
 
Para os que non o sabedes, as Sombras Chinescas existen dende hai máis de 2000 anos. Segundo os investigadores o emperador chino Wudi da dinastía Han tiña varias mulleres, sendo a súa preferida Li.
 Cando Li morreu, o emperador púxose moi triste.
Varios días despois, un dos empregados do emperador ía pola rúa e viu a un rapaz que xogaba cun boneco. Ao axitalo, no chan podían verse sombras. Cando voltou ao palacio díxolle aos seus obreiros que deseñaran unha marioneta que se parecese a Li.
Despois de varias noites e coa axuda dunha cortina, dunhas lámpadas de aceite e da marioneta fixéronlle un teatro ao emperador.
O emperador púxose moi contento de volver a ver a Li e dende ese mesmo día os teatros de sombras foron o principal divertimento da Corte Imperial.
 
 

Benvidos e benvidas ao blogue de Ed. Física!

Dende hoxe mesmo comezamos a nosa andaina neste novo blogue de Ed. Física.
Nel poderédesvos ver nalgunhas das nosas clases e ao mesmo tempo tamén seguir aos compañeiros/as.
Se vos apetece dar a vosa opinión (sempre respectando aos demáis) podedes deixar algún comentario.


Vémonos!