martes, 21 de xuño de 2022

Emerxencias 112

 Estes días estivemos a traballar o tema da orientación co noso alumnado do 3° ciclo de Ed. Primaria.

A continuación deixo un pequeno vídeo cun consello da Garda Civil por se estades na montaña e vos perdedes.

Recordade que ao aire libre hai moitas actividades fermosas e saudables, pero sempre hai que practicalas con responsabilidade.



mércores, 15 de xuño de 2022

Motricidade fina e coordinación

Continuar co traballo da motricidade fina e maila coordinación óculo-manual no primeiro ciclo de Primaria é moi importante para adquirir novas aprendizaxes.









martes, 7 de xuño de 2022

Orientación

 Como último tema do curso e aproveitando o bo tempo, o grupo de 6° E.P. está a traballar o tema da orientación.

Hoxe tomamos unhas primeiras nocións coa brúxula.



 


luns, 23 de maio de 2022

Campionato de chapas 4°

 Días de hoxe con choiva son ideais para xogar ás chapas e poñer en práctica o que estamos a aprender sobre os xogos populares.