martes, 10 de maio de 2016

RESPECTO DENTRO E FÓRA DO CAMPO

Deixo este vídeo para que lle botedes un ollo.
Seguro que algunha vez vendo un partido ou mesmo xogando te burlaches ou te riches do contrario. Pero algunha vez te paraches a pensar como se sentiu esa persoa ou persoas?

O xogo é simplemente iso... un xogo.

Tanto dentro do campo como fóra temos que RESPECTARNOS.





xoves, 5 de maio de 2016

Beisbol

Como fóstedes moitos e moitas aos que vos gustou o beisbol e quedáchedes con ganas de máis, aquí vos deixo dous enlaces coas páxinas web de dous equipos de beisbol de Vigo.
Se algún ou algunha está interesado en comezar a practicar este deporte fóra da escola que lle bote un ollo.




martes, 3 de maio de 2016

Recuncho do bádminton

Dende hoxe ábrese este novo recuncho de bádminton, por se alguén está interesado en botar unha partida nos ratos libres.
Para que este recuncho funcione é preciso que coidedes o material e cando acabedes de xogar volvades meter todo no seu sitio, así os seguintes xogadores o atoparán tan ben como ti o atopaches.


Beisbol

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Ed. Primaria estiveron a practicar beisbol. Aprendimos as regras básicas e maila técnica de darlle co bate, que se non o sabedes, non é nada sinxelo. Aquí vos deixamos un pequeño vídeo de mostra.