luns, 17 de febreiro de 2020

O traballo en equipo

Seguimos cos xogos de cooperación-oposición. Saber cooperar e traballar en equipo é unha das capacidades máis valoradas hoxe en día na nosa sociedade.
Polo que se dende pequenos as traballamos, resultaranos máis sinxelo cando seamos adultos.


venres, 14 de febreiro de 2020

Xogos alternativos

Os xogos alternativos como o floorball, datchall, ultimate, kinball... son xogos que achegan ó noso alumnado unha gran cantidade de valores pedagóxicos. Son moitos os expertos en motricidade os que recomendan a práctica destas modalidades para mellorar no noso alumnado: o traballo en equipo, a igualdade de xénero, o dialogo e consenso de normas...

O segundo ciclo comeza os seus primeiros contactos con eles e a verdade e que é todo un reto!


Cooperación - oposición

O alumnado do primeiro ciclo iníciase nos xogos de cooperación-oposición, base da meirande parte dos deportes. 
Empezamos con xogos sinxelos para introducirnos pouco a pouco en aspectos mais complexos  e tácticos.



mércores, 12 de febreiro de 2020

Concurso de comba

Hoxe celebramos a nosa IV edición do Concurso de Comba. Este ano podemos dicir que foi un verdadeiro éxito, xa que contamos coa participación de oito equipos.

Foron moitos os rapaces e rapazas que levan ensaiando moito nas últimas semanas e o seu esforzo demostrouse hoxe no concurso.

Noraboa a todos os participantes porque fixéstelo xenial!!

Recordade que dispoñedes de corda para seguir xogando á hora do recreo, para aqueles que lle colléchedes gusto ó xogo.



venres, 7 de febreiro de 2020

Fútbol Sala

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita do equipo de fútbol sala feminino Fisgón Futsal, quenes nos ensinaron un pouco máis sobre o deporte.
Pasámolo moi ben!

O equipo anímanos a xogar a este deporte e abre as portas do clube a todas aquelas nenas interesadas neste fantastico deporte. Para iso tan só teñen que poñerse en contacto a través do tlf. 671113550 ou a través do correo info@ofisgon.com










sábado, 1 de febreiro de 2020

Concurso de comba

Xa temos unha nova edición de concurso de comba, que se celebrará o vindeiro 11 de febreiro. Ide ensaiando para o gran día!!!


Campo a través

O alumnado de 2° Ed. Primaria acudiu a pasada semana a un campionato de campo a través organizado polo Servizo Galego de Deporte.
Foi unha experiencia moi divertida para todos os nenos e nenas!!