martes, 22 de maio de 2018

Actividades no medio

Aproveitando a chegada do bo tempo, comezamos coas actividades no medio natural. Hoxe fixemos unha gymcana e conseguimos rematala con éxito!
 
 
 

Ed. Física na piscina

O alumnado de 3º e 4º Ed. Primaria traslada as súas clases de Ed. Física á piscina municipal. Isto farémolo todos os martes do mes de maio. O obxectivo é que este alumnado experimente e se familiarice con entornos motrices distintos ós habituais.
 
 

Atletismo

O alumnado de 3º e 4º Ed. Primaria comezou coa iniciación a diferentes deportes, entre eles o atletismo. Aquí unha pequena mostra do salto de vallas.
 
 

Equilibrio

Os elefantes están a traballar o EQUILIBRIO e como veredes no vídeo, tivemos que atravesar un río cheo de pirañas famentas...