martes, 21 de xuño de 2022

Emerxencias 112

 Estes días estivemos a traballar o tema da orientación co noso alumnado do 3° ciclo de Ed. Primaria.

A continuación deixo un pequeno vídeo cun consello da Garda Civil por se estades na montaña e vos perdedes.

Recordade que ao aire libre hai moitas actividades fermosas e saudables, pero sempre hai que practicalas con responsabilidade.



mércores, 15 de xuño de 2022

Motricidade fina e coordinación

Continuar co traballo da motricidade fina e maila coordinación óculo-manual no primeiro ciclo de Primaria é moi importante para adquirir novas aprendizaxes.









martes, 7 de xuño de 2022

Orientación

 Como último tema do curso e aproveitando o bo tempo, o grupo de 6° E.P. está a traballar o tema da orientación.

Hoxe tomamos unhas primeiras nocións coa brúxula.



 


luns, 23 de maio de 2022

Campionato de chapas 4°

 Días de hoxe con choiva son ideais para xogar ás chapas e poñer en práctica o que estamos a aprender sobre os xogos populares.





mércores, 11 de maio de 2022

Xogos populares

 A práctica dos xogos populares é importante para coñecer mellor a nosa cultura e axudar a que se sigan a transmitir de xeración en xeración.

Hoxe traballamos entre outros xogos, as chapas.






xoves, 5 de maio de 2022

Elefantes e Caracois 🐘 🐌

Os elefantes e mailos caracois estan a traballar as habilidades motrices e fano moi moi ben!







Expresión corporal

 Arrancamos o novo trimestre con traballo de expresión corporal. Para iso levamos unhas semanas empregando o noso corpo como medio de expresión e comunicación. Saber utilizar o noso corpo para transmitir sentimentos e emocións é fundamental tanto na nosa vida cotiá como en actividades artíticas de danza, ballet, baile, ximnasia rítmica, natación sincronizada, etc.

Nós polo momento estamos dando os nosos primeiros pasos neste campo, aquí unha pequena mostra do traballo da clase de 2° Ed. Primaria.




xoves, 25 de marzo de 2021

Alimentación saudable

 O noso alumnado de 3º Ed. Primaria trouxo a clase unhas receitas ben ricas 😋 e moi saudables!! Xa que comer ben e rico non son incompatibles.

Aquí vos deixamos a mostra por que se alguén quere animarse a facela na súa casa.












venres, 5 de marzo de 2021

Hábitos saudables

O noso alumnado de 2° estivo a traballar os HÁBITOS SAUDABLES, xa que tal e como establece o Currículo de Primaria é parte importante da materia. Con isto trátase de obter hábitos de vida saudable e coidado do noso corpo xa dende as idades máis temperás.




sábado, 20 de febreiro de 2021

Os nosos caracois lanzan 🐌

Estes días os nosos 🐌 están a vivenciar os lanzamentos con diferentes tipos de obxectos. Deste xeito, a parte desta habilidade motriz, traballaremos aspectos como a dominancia lateral, a coordinación óculo-manual...






luns, 8 de febreiro de 2021

Psicomotricidade

 Os nosos Elefantes e Osos hoxe pasandoo de marabilla nunha sesión preparada para vivenciar diferentes tip de lanzamentos.



sábado, 6 de febreiro de 2021

Iniciación ao beisbol

Aproveitando o traballo desta unidade sobre habilidades motrices, esta semana estivemos co traballo máis específico de golpeos con implementos.

E que mellor maneira que coñecendo un novo deporte como é o beisbol!







sábado, 23 de xaneiro de 2021

Caracois

 Os nosos Caracoliños nunha sesión de psicomotricidade facendo un circuíto de saltos 🐌 🚧  🚧



martes, 12 de xaneiro de 2021

Volteos 3°

 Arrancamos o novo trimetre co traballo das habilidades motrices básicas! Hoxe tivemos unha sesión de xiros.



venres, 27 de novembro de 2020

Coordinación

 A coordinación xunto co equilibrio e a lateralidade son as bases sobre as que asenta a actividade motriz.

Por isto é importante traballarlas dende idades temperás para converterse en adultos con pleno control motor.



mércores, 28 de outubro de 2020

O equilibrio

A clase de 4° esta a traballar o equilibrio e ao mesmo tempo a desenvolver a creatividade ante posibles problemas motores que xurdan para obter unha solución eficaz aos mesmos.