mércores, 12 de febreiro de 2020

Concurso de comba

Hoxe celebramos a nosa IV edición do Concurso de Comba. Este ano podemos dicir que foi un verdadeiro éxito, xa que contamos coa participación de oito equipos.

Foron moitos os rapaces e rapazas que levan ensaiando moito nas últimas semanas e o seu esforzo demostrouse hoxe no concurso.

Noraboa a todos os participantes porque fixéstelo xenial!!

Recordade que dispoñedes de corda para seguir xogando á hora do recreo, para aqueles que lle colléchedes gusto ó xogo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario