mércores, 6 de abril de 2016

120 anos dos Xogos Olímpicos

Tal día como hoxe (6 de abril), só que fai 120 anos, comezaron os primeiros Xogos Olímpicos da era moderna.
Antes desta data tamén se celebraban, só que eran moi diferentes a como son hoxe en día. Pero a partires do 6 de abril de 1896 comezan a celebrarse os primeiros Xogos Olímpicos que gardan gran parecido cos que se xogan hoxe en día.
Estes Xogos Olímpicos celebráronse no estadio Panathinaikó (Atenas) e participaron 241 atletas, todos masculinos.
Dende este día os Xogos Olímpicos se celebran cada catro anos, no que deportistas de todos os países reúnense para competir e DISFRUTAR XUNTOS DO DEPORTE.

Athens 1896 report cover.jpg 

Se queredes saber un pouquiño máis, por exemplo que significado ten a antorcha olímpica, que premio recibían os gañadores... soamente tendes que pinchar neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario