venres, 22 de abril de 2016

martes, 12 de abril de 2016

Xogos populares no recreo

Os alumnos e alumnas de 6º amósannos diferentes xogos populares e xogamos xuntos no recreo
 
 

mércores, 6 de abril de 2016

120 anos dos Xogos Olímpicos

Tal día como hoxe (6 de abril), só que fai 120 anos, comezaron os primeiros Xogos Olímpicos da era moderna.
Antes desta data tamén se celebraban, só que eran moi diferentes a como son hoxe en día. Pero a partires do 6 de abril de 1896 comezan a celebrarse os primeiros Xogos Olímpicos que gardan gran parecido cos que se xogan hoxe en día.
Estes Xogos Olímpicos celebráronse no estadio Panathinaikó (Atenas) e participaron 241 atletas, todos masculinos.
Dende este día os Xogos Olímpicos se celebran cada catro anos, no que deportistas de todos os países reúnense para competir e DISFRUTAR XUNTOS DO DEPORTE.

Athens 1896 report cover.jpg 

Se queredes saber un pouquiño máis, por exemplo que significado ten a antorcha olímpica, que premio recibían os gañadores... soamente tendes que pinchar neste enlace

martes, 5 de abril de 2016

Atletismo (carreiras de relevos)

Hoxe as rapazas e rapaces de 6º Ed. Primaria, que están a coñecer un pouco máis o Atletismo, comezaron a practicar as carreiras de relevos. Aquí vos deixamos un pequeno exemplo.


luns, 4 de abril de 2016

Expresión corporal en 1º e 2º

As rapazas e rapaces de 1º e 2º Ed. Primaria comezamos a traballar a Expresión Corporal. Hoxe estivemos a traballar os sentimentos.