xoves, 11 de febreiro de 2016

Free Style co frisbee

Para todos aqueles e aquelas que despois de practicar un pouquiño o Ultimate queredes seguir a coñecer máis, aquí vos deixo un vídeo doutras moitas posibilidades que nos ofrece un frisbee. Pódense facer verdadeiras virguerías. Así que si vos gusta, a que esperades? collede un frisbee e a practicar!

xoves, 4 de febreiro de 2016

Acrosport


E agora é a quenda dos alumnos/as de 5º de Ed. Primaria. No seguinte vídeo poderedes ver un fragmento do traballo que estiveron a facer estes días.

venres, 29 de xaneiro de 2016

Que é o floorball?

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo unha pequeña reportaxe de catro minutos que saíu en TeleMadrid, no que explica un pouquiño que é o floorball e como se xoga.

Así que os máis curiosos podedes botarlle un ollo!




E por si algún lle colle gusto a isto do stick e se anima a empezar a practicalo fóra do cole, aquí vos deixo o enlace dun clube de hockey sobre patíns de Vigo.

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Floorball

Esta semana os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria están a coñecer un pouquiño máis o floorball. Aínda levan poucas clases pero xa se lles empeza a notar soltura co stick.

Para aqueles que queirades saber máis sobre o floorball pronto subiremos unha nova publicación onde poderedes coñecer todo aquello que queirades.