Como o prometido é débeda, aquí vos deixo unha pequeña reportaxe de catro minutos que saíu en TeleMadrid, no que explica un pouquiño que é o floorball e como se xoga.
Así que os máis curiosos podedes botarlle un ollo!
E por si algún lle colle gusto a isto do stick e se anima a empezar a practicalo fóra do cole, aquí vos deixo o enlace dun clube de hockey sobre patíns de Vigo.
venres, 29 de xaneiro de 2016
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Floorball
Esta semana os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria están a coñecer un pouquiño máis o floorball. Aínda levan poucas clases pero xa se lles empeza a notar soltura co stick.
Para aqueles que queirades saber máis sobre o floorball pronto subiremos unha nova publicación onde poderedes coñecer todo aquello que queirades.
Para aqueles que queirades saber máis sobre o floorball pronto subiremos unha nova publicación onde poderedes coñecer todo aquello que queirades.
mércores, 27 de xaneiro de 2016
Acrosport 6º Ed. Primaria
venres, 22 de xaneiro de 2016
Sombras chinescas
Estas semanas os alumnos/as de 3º e de 4º estiveron a traballar a Expresión Corporal. O último día fixemos unha clase de Sombras Chinescas.
Para os que non o sabedes, as Sombras Chinescas existen dende hai máis de 2000 anos. Segundo os investigadores o emperador chino Wudi da dinastía Han tiña varias mulleres, sendo a súa preferida Li.
Cando Li morreu, o emperador púxose moi triste.
Varios días despois, un dos empregados do emperador ía pola rúa e viu a un rapaz que xogaba cun boneco. Ao axitalo, no chan podían verse sombras. Cando voltou ao palacio díxolle aos seus obreiros que deseñaran unha marioneta que se parecese a Li.
Despois de varias noites e coa axuda dunha cortina, dunhas lámpadas de aceite e da marioneta fixéronlle un teatro ao emperador.
O emperador púxose moi contento de volver a ver a Li e dende ese mesmo día os teatros de sombras foron o principal divertimento da Corte Imperial.
Benvidos e benvidas ao blogue de Ed. Física!
Dende hoxe mesmo comezamos a nosa andaina neste novo blogue de Ed. Física.
Nel poderédesvos ver nalgunhas das nosas clases e ao mesmo tempo tamén seguir aos compañeiros/as.
Se vos apetece dar a vosa opinión (sempre respectando aos demáis) podedes deixar algún comentario.
Vémonos!
Nel poderédesvos ver nalgunhas das nosas clases e ao mesmo tempo tamén seguir aos compañeiros/as.
Se vos apetece dar a vosa opinión (sempre respectando aos demáis) podedes deixar algún comentario.
Vémonos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)